A UNED Sénior e O Son do Pote ofrecerán seis concertos de música tradicional polas parroquias de Lousame en maio e xuño

09 Maio 2022

A Aula de Lousame da UNED Sénior e o grupo O Son do Pote, dirixidos por Fernando e Mariña Docampo, organizan seis concertos gratuítos de música tradicional polas parroquias do termo municipal durante os meses de maio e xuño. Unhas actuacións que arrincarán este domingo 15 de maio, ás 17.00 horas, na praza Teodomiro Hidalgo de Portobravo e dentro da XX Festa do Galego, que organiza o Concello de Lousame.

As actuacións terán lugar todos os martes, ás 19.00 horas, nas distintas parroquias de Lousame. Tras a actuación deste domingo, as seguintes citas terán lugar no centro da aldea da Fonte (Lesende), o martes 24 de maio, e no bar Vila da Cova (Vilacova). En xuño haberá outras tres actuacións: o 7 de xuño no centro da aldea de Fruíme;: o 14 de xuño no centro da aldea de San Xusto de Toxosoutos; e o 29 de xuño, no atrio da Igrexa de Tállara.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...