“Florencio Delgado Gurriarán, letras dende o exilio” – Alberto Barciela

09 Maio 2022

A palabra chega co refluxo da marea, coa alta, con maio, coas Letras Galegas. Un barco procedente de México recala en Córgomo, nas terras de Vilamartín, alá por Valdeorras, para percorrer de novo o que son versos de Bebedeira. Segundo Ricardo Gurriarán: “Flora, cromática da paisaxe, castiñeiros, vento, noite, amoríos, cepeiras, lúa, paxaros, moceo, viño, cores estacionais… en conversa permanente, ligados cun ritmo e unha rima especial, cheos dunha paixón embriagadora, coma o seu título, de musicalidade achandadora, fondamente sensual, difícil de catalogar dentro dos tradicionais codificadores ismos da vangarda poética”.

A terra chama o home, rescata ao poeta. A nave do esquecemento convértese en memoria ateigada de arrecendo de vocación política, de compromiso, esencialmente galeguista, de nostalxias pero tamén das distancias forzadas, de evocación necesaria. Florencio Delgado Gurriarán está entre nós para percorrer de novo a Galicia Infinda, editada por Galaxia nunha primeira recalada no país, alá por 1963, esa Galicia que nas súas verbas “é mais que toda a terra”.

Florencio Delgado Gurriarán, o poeta homenaxeado este ano nas Letras Galegas

Os seus versos ben os coñeceron e loaron Calero, Otero Pedrayo, Xohán L. Ramos e Antón Vilar Ponte. Agora, son xa de todos. Esa é unha función esencial do que se celebra, as Letras; ese é un compromiso de restitución, un labor cultural impagable.

Espreguízase o vello castiñeiro,/ vello petrucio, pai de cen anadas. / Ao quentor das luminosas labaradas /volve agromar, nun pulo brincadeiro. Non é para menos, é primavera, outra maáis das mil, dun renacemento, dun retomar os fíos da memoria, de tecer un novo modelo, e de celebrar a palabra libre e agarimosa.

A Real Academia Galega valorou a orixinalidade da produción poética de Florencio, que comeza coa edición de Bebedeira, no 1934, e que se desenvolve con distintos rexistros ata case o final da súa vida: Galicia infinda (1963), Cantarenas (1981), O soño do guieiro (1986); aí están os valores das orixes xeográficas do autor, segundo o Presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, están “nas paisaxes, nos costumes, nos tipos humanos, mais non renuncia a outros rexistros, en parte, froito das circunstancias vividas: poesía política, denuncia e crítica social…”. Dinos tamén nas páxinas da RAG que está o falar de Valdeorras, a súa expresividade e a súa música, o pulo da súas xentes, e está o México galego, traballos “a prol dos dereitos e a identidade política de Galicia, nos que recoñecemos figuras como Carlos Velo, Luis Soto, Alexandre Finisterre, Francisco Comesaña, Luisa Viqueira, Caridad Mateos, Elixio Rodríguez, Yolanda López, Arturo Souto, Ramiro Illa Couto, Marcial Fernández, Ramón Cabanillas Álvarez (fillo do poeta Ramón Cabanillas), Xesús Bal y Gay, Carlos Tomé, Roxelio Rodríguez de Bretaña, os irmáns Ánxel e Demetrio Bilbatúa…, empresarios, escritores, xornalistas, cineastas, editores, activistas políticos, músicos…”. Canto queda por tecer, por coñecer, por reivindicar, por esclarecer.

Rosario Álvarez, presidenta del Consello da Cultura Galega deixou dito de Florencio que «foi o poeta da paisaxe”, quizais a súa xeografía intelectual foi universal polas súas fondas raíces galegas, por ese modo de ver, vivir e entender o mundo desde unha distancia territorial e unha proximidade emocional, comprometidas.

O mar amainou. Mellores tempos son chegados.

Outros artigos

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

+

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

+

“A roda e a dorna do Museo do Pobo Galego”. José A. López Silva

En setembro de 1936, na Estrada, membros da Falanxe local prenderon un profesor do instituto e obrigárono a varrer as rúas da vila a punta de pistola. Algún deles, probablemente, fora alumno seu. O 12 de novembro notificáronlle a suspensión de emprego e soldo. Ese...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

Si algo retrata a las personas es esencialmente lo que hacen o dejan de hacer, lo que piensan y cuentan (incluso lo que no cuentan) y desde luego, lo que defienden en público. Todo ello acaba dibujando y comunicando la manera que se entiende la política, el servicio...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.