Luz verde en Ribeira á concesión de axudas a 21 entidades deportivas

06 Maio 2022

A xunta do Goberno local de Ribeira deu luz verde á concesión de subvencións do Concello a 21 entidades deportivas do municipio e que están dirixidas á promoción das súas actividades.

Entre os deportes beneficiados con estas axudas figuran especialidades tan variadas como o atletismo, ciclismo, fútbol, deportes de combate, voleibol, baloncesto, natación ou diversas modalidades náuticas.

As entidades son as seguintes: Club Natural Sport, Club de Remo Náutico de Ribeira, Cidade de Ribeira, Xuventú de Aguiño, Club Náutico Deportivo de Ribeira, Escuela de Boxeo El Canario, Club Patinaxe Ribeira, Club Kempo Barbanza, Club Voleibol Ribeira, Club Natación Ribeira, Atlético Oleiros, Club Atletismo Ribeira, Club Palmeira, Club Windsurf Catro Ventos, Club Deportivo Artes, Club Kenpo Ribeira, Club Deportivo As Miñoteiras, Peña Ciclista Tahume, Carreira Club de Fútbol, Club Baloncesto Barbanza e Club Baloncesto Ribeira.

A cantidade total de subvencións concedidas ascende a 88.748,63 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...