“Irmán Feijóo” – Xulio Xiz

04 Maio 2022

Irmán, mesmo como Cabanillas nos soñaba (“sereos/ coa limpa fronte erguida”), por galego, presidente noso en funcións, que o sábado brillou en Telecinco. Non digo “Pai Feijóo”, aínda que tamén saiba diso, que entón falaría do que no claustro grande de Samos nos acolle.

Eu teño a tele de brumosa compañeira mentres traballo na tranquila noite, e cando algo me chama a atención apunto os sentidos nesa dirección, sabendo que o desvío non me vai levar mais dun minuto. Pois o sábado estiven dúas horas e media atendendo a Telecinco onde un previsible Bertín Osborne confesaba a un inédito Feijóo (mesmo loado polo ex Felipe) sobre o divino e o humano, aínda que dubido que a política encaixe neses campos de enerxía.

Só estiven ao lado de Feijóo Presidente o tempo que falou no cincuentenario de Aspnais, que eu conducía. Minutos antes, alguén do seu equipo me pasou o mañuzo de folios que ía ler, que cabe supoñer cheos de cifras e datos do especial papel de ASPNAIS na vida lucense. Sae a falar Feijóo, menciona aos seus irmáns de ASPNAIS, destacando a Julio, e este coñecido usuario desta benemérita institución que se ven para xunto ao presidente, cos centos de asistentes facéndolle a onda. Feijóo que non colle os papeis, abraza a Julio, e improvisa un discurso de irmán que arrebatou a todos.

Pois nada, que o sábado, entre Feijóo e Bertín, déronnos as doce e media. E como agora todo o mundo menos eu sabe como se volven ver os programas, recoméndoo aos devotos, para recrearse; aos de outra relixións, pasa saber a quen teñen; e aos paisanos nosos en xeral porque este irmán que emigra nos fai un retrato a cor no que non quedamos nada mal.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.