“Política de vivenda” – José Manuel Pena

02 Maio 2022

En Dereitos e Liberdades sempre se pode avanzar algo máis. Non esquezamos que España dotouse dunha Constitución en 1.978 e posteriormente de varios Estatutos de Autonomía para as Comunidades Autónomas que lles garante unha serie de dereitos lexislativos e competencias propias.

Así podemos dicir que, en todo este tempo, en materia do Dereito á Vivenda avanzouse pouco ou non o suficiente. Concretamente, os diferentes gobernos da Xunta de Galicia miraron para outro lado ou ben non tiveron a valentía suficiente para considerar a vivenda como un Dereito Social e Humano básico e si como un mero obxecto de troco e enriquecemento particular.

No últimos trece anos do Goberno da Xunta adoptáronse algunhas medidas interesantes, como o Plan Aluga, cunha moi boa intención pero con resultados negativos por falta de compromiso ou motivación dos propietarios de inmóbeis. Tamén o Bono Social ao aluguer para as persoas e familias vulnerábeis, que pode chegar ao 100% da renda.

Negociouse coa Sareb, o tamén coñecido como “Banco Malo”, ao obxecto da cesión temporal de algo máis dun centenar de vivendas con destino a alugueres sociais ou atender situacións de emerxencias habitacionais. Ao mesmo tempo existiron contactos con diferentes Fondos de Investimento privados que acaparan a case totalidade das vivendas embargadas polas entidades financeiras, para a cesión temporal a familias humildes e que así poidan dispor dunha vivenda digna, deixando ao carón as infravivendas, chabolas ou caravanas nas que habitan.

Articuláronse unha serie de axudas directas ao aluguer para mozos menores de 35 anos así como para a compra, servindo a Consellería de Vivenda como avalista, en caso necesario.

A realidade actual é que continúan inscritas no Rexistro Único de vivendas do IGVS máis de 17.000 familias e que Galicia é unha das Comunidades Autónomas con menor número de vivendas sociais.

A Xunta tampouco foi capaz de manter a “desgravación fiscal”, no IRPF, das rendas do aluguer para todos os inquilinos nin de seguir considerando a desgravación dos préstamos hipotecarios formalizados con posterioridade ao ano 2.012. Queda moito camiño por diante …

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.