Boiro aumenta a superficie de carril bici e e presenta o Club Ciclista Barbanza para a tempada

30 Abril 2022

O Concello de Boiro inaugurou esta mañá un novo tramo de carril bici que discorre pola rúa Salvador Allende e conecta o paseo marítimo co centro urbano. A concelleira de Deportes, Dores Torrado, estivo acompañada polo polo presidente do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro, e o presidente da
Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e a rapazada do Club que realizou tamén esta mañá a presentación para a tempada 2022.
O novo tramo de carril bici que se vén de realizar, de 420 metros lineais, conecta o xa existente que percorre o paseo marítimo de Barraña co núcleo urbano pola rúa Salvador Allende. Ademais levouse a cabo a reparación de varios tramos deteriorados no paseo existente. “O obxectivo do Concello é
mellorar os servizos e seguir aumentando a superficie de carril bici para conectar os diversos núcleos de poboación e favorecer a mobilidade sostible”, afirmou a concelleira.
Logo da inauguración cun percorrido polo novo tramo de carril bici, o Club Ciclista Barbanza realizou a presentación do seu equipo para a tempada 2022 no auditorio da Cachada, na que interviron o presidente do club, Ricardo Riveiro; e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...