Até 163 persoas participarán na II Carreira Memorial Juan Vidal Pérez, o domingo en Castiñeiras

29 Abril 2022

Até 163 deportistas tomarán este domingo primeiro de maio a saída na II Carreira Memorial Juan Vidal Pérez, ás 11 horas do Porto de Castiñeiras. A proba conta cun percorrido de 5 quilómetros e a meta estará situada na área Deportiva de Lecer do Castro.

Na carreira haberá 10 categorías dividas en franxas de idade e contará tamén coa categoría Sapatilla Inclusiva, na que correrán persoas con diversidade funcional.

Ao remate do evento deportivo está prevista a entrega dun premio ós tres primeiros clasificados de cada categoría. Tódolos cartos recadados coas inscricións e as doazóns irán destinadas á ANPA da Escola do Sagrado Corazón Jesús de Castiñeiras, centro que organiza a proba xunto co Concello de Ribeira.

O evento cumprirá con tódalas recomendacións establecidas para eventos deportivos no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...