Agoraphobia lánzase a conquistar o Reino Unido

14 Outubro 2019

20191014 Agoraphobia, a banda rockeira de Boiro, referente da contundencia musical feminina e independente, está a romper os seus límites de influencia (e, tamén, as barreiras reais e virtuais do proceso Brexit) cunha xira polo Reino Unido que, casualmente, comezou en Palma de Mallorca (este 11 de outubro), porta de entrada dos ingleses ao territorio español, e que as levará por cidades como Middlesbrough (este sábado 12), Sheffield (domingo 13), Nottingham (martes 15) ou Birmingham (xoves 17) ou Coventry (venres 18); para logo traelas de volta á nosa terra e culminar a andaina internacional cun concerto na Sala Capitol de Compostela (o 28 de novembro).

A maiores, haberá actuación en Madrid (na Sala El Sol o 4 de xaneiro) e en Barcelona (o 18 de xaneiro na Sala Sidecar). O Facebook do grupo indie de Boiro xa comezou a achegar imaxes e breves crónicas que dan conta da súa andaina por terras inglesas.

Como lembraremos, as rapazas de Agoraphobia (Susana Saavedra, Sabela Sampedro, Paula Rego e Lucía Fernández) están este outono mergulladas na presentación do seu novo traballo musical (o segundo da súa carreira), o disco Unaligned, dez cancións que marcan un antes e un despois na historia do grupo (nas súas palabras é sen dúbida o “máis grande” que teñen creado até a data) e que foron producidas, gravadas e mesturadas por Iago Lorenzo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.