O pleno de Ribeira decide buscar una localización de consenso do centro náutico

26 Abril 2022
Pleno Municipal do mes de abril. Ribeira

A construción do centro de deportes náuticos de Ribeira, do que o próximo mes se elaborara o sétimo anteproxecto, foi tratado no pleno deste mes a pedimento dunha moción defendida por BNG e PBBI. Finalmente saíu aprobada a emenda do PP, na que se acordou tentar alcanzar un consenso maioritario sobre a localización tras consultar a todos os axentes sociais, incluída a Fundación RIA.

Na sesión tamén se puxo de manifesto o papel crave de Portos que tras rexeitar un dos emprazamentos aínda non se pronunciou sobre a seguinte alternativa a pesar dos meses transcorridos.

O executivo deu conta da liquidación orzamentaria, que lanza un remanente de 5.152.000 euros para gastos xerais. Tamén se deu conta do período medio de pago a provedores en tres trimestres distintos, o prazo é duns 16 días.

Un dos asuntos abordados foi o relativo á corrección sobre a catalogación do chan en Abesadas. O Catastro efectuou por erro o cambio, que alarmou aos veciños. Tamén se ratificou a aprobación do convenio co concello de Porto do Son para un novo taller de emprego, á vez que se aprobou a proposición do nacionalista Luís Pérez Barral sobre melloras nos pasos de peóns.

Por unanimidade foi aprobada a iniciativa de Suma Ribeira para efectuar melloras na senda do río Sanchanás. O seu portavoz, Xurxo Ferrón, incidiu na necesidade de universalizar o percorrido pensando en quen ten menor mobilidade.

Pola súa banda o portavoz do PBBI, Vicente Mariño de Bricio, accedeu a retirar a súa petición para cubrir unha pista e viu aprobada por unanimidade a súa demanda de melloras na rúa Manzanares. Con todo, a súa moción sobre o campo da Tasca decaeu en favor da emenda do PP.

Os edís aceptaron a demanda do socialista José Vilas para facer un estudo sobre a conexión de beirarrúas no cemiterio.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.