“Máis alto, máis forte, máis prexudicial” – Antón Luaces

26 Abril 2022

Aeroxeradores (muíños de vento) ancorados a tan só dúas millas da costa de Euskadi cos seus 260 metros de altura en fondos de menos de 50 metros darán conta ao mundo enteiro da imperfección coa que no Estado español, o Goberno de turno trata de dar solución aos problemas da falta ou escaseza enerxética do país.

Son estruturas semellantes á de edificios de 90 andares que, na súa condición de plataformas eólicas flotantes serán as primeiras a instalar en España conectadas á rede eléctrica.

Aeroxeradores de 2 megawatios de potencia, que van permitir cubrir o consumo cada un deles de case 2.000 fogares. O primeiro destes muíños estará montado sobre unha plataforma flotante de 30 metros de manga por 64 de eslora. O primeiro deles estará en funcionamento (en probas durante 2 anos) antes de que remate 2022. O modelo de aeroxerador é, segundo os fabricantes deste, o máis acaído para as costas españolas, dada a escasa plataforma continental da península. Esta carencia fai que sexa moi doado situar as plataformas en fondos non superiores aos 50 metros, motivo polo que o desenvolvemento da eólica mariña require  solucións flotantes que a inmensa maioría do sector pesqueiro critica e rexeita polos prexuízos que causarán ás distintas frotas, especialmente a de baixura ou litoral.

O modelo de estruturas que se constrúen en Euskadi será, con absoluta probabilidade, o que se siga en Galicia e, especialmente, o que se instale na costa ártabra, concretamente no parque eólico “Nordés” que será onde se instalen 80 aeroxeradores de 1,5 MW cadanseu para, deste xeito, acadar a xeración de 1,3 GW. Este parque eólico mariño foi admitido a trámite o 30 de novembro de 2020, algo máis de cinco meses máis tarde da entrada en vigor da “moratoria” contemplada no real decreto 1028/2007, de 20 de xuño, que establece que non se admitirán máis solicitudes de superficie de reserva de instalación de xeración eólica  mariña no marco do procedemento establecido no título 11 do devandito real decreto.

Malia o texto citado, semella evidente que este foi modificado posteriormente para incluír ao parque “Nordés” -situado fronte á costa coruñesa- o que a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) afirma non conta con autorización previa á moratoria e que non se trata dunha instalación de investigación. Por estes motivos esixe ao Goberno que non tramite esa solicitude nin outras eólicas presentadas no mar de Galicia, á espera da aprobación dun marco normativo específico para o sector.  O contrario suporía, segundo ADEGA.”lexitimar o filibusterismo éolico e consolidar unha desregulamentación de facto como a feita por Núñez Feijoo en Galicia coa eólica terrestre”.

O Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC 2021-2030) fixa no ano 2030 o obxectivo de dependencia enerxética de Galicia de xeito que non supere o 60%, é dicir, que a enerxía autóctona sexa do 39% ou superior.

A dependencia enerxética de Galicia mantense máis ou menos estable, segundo datos do Instituto Enerxético; pero nos últimos anos baixou, desde o 79,6% do ano 2017, ao 61% do ano 2020. Canta máis enerxía renovable se consuma, menos enerxía importará a comunidade galega e menor será a dependencia enerxética da mesma. Polo medio, os intereses pesqueiros, con ducias de barcos que non poderán faenar en amplos espazos ocupados polos muíños de vento e as súas plataformas, algunhas destas situadas en recoñecidos caladoiros tradicionais das frotas de baixura.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.