Chega a Rianxo O porco de pé (Excéntricas) baixo a dirección de Pepe Sendón e Quico Cadaval

21 Abril 2022

A compañía Excéntricas vai representar en Rianxo o seu espectáculo O porco de pé, baseado na inmortal obra do ourensán Vicente Risco. Será o vindeiro 30 de abril, a partir das 21.00 horas, no Auditorio Municipal. Esta adaptación teatral da novela de Risco foi realizada por dous sobranceiros autores da nosa comarca: Pepe Sendón (Lira, Carnota, 1964) baixo a dirección de Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960).

A entrada xeral ten un custe de 10 € na billeteira do Auditorio o propio día da función. Inclúese un desconto cun custe de 5 € reservando previamente no Whastsapp (no teléfono 618 752 105) ou no correo-e ruben.excentricas@gmail.com. A representación está organizada por Producións Excéntricas coa colaboración, entre outras entidades, do Concello de Rianxo.

Quen queira afondar nos detalles da versión pode facelo a través da web de Excéntricas.

A obra (versión Excéntricas)

O Porco, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a sua superioridade sobre os seres humanos. O que presenta Excéntricas é un teatro de barracón, aquel que, na infancia, nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais. Un farol mortizo, un chan de serraduras, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposíbel distinguilo.

Vai para cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapeus a confundirse cos propios burgueses. A divertidísima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabaré, ten hoxe mais vixencia que nunca. Nesta viaxe á fascinante década do 20 do século XX, pasarán como nunha lanterna máxica, anarquistas, esportistas, agraristas, proxenetistas, golpistas, vangardistas, caciquistas, futuristas, pasadistas e presentistas.

Para dar vida á galería zoolóxica cóntase con tres fenómenos: Patricia Vázquez, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo. Na plástica, o fantástico Carlos Alonso, no mundo sonoro, o ventrílocuo Piti Sanz, na luz, o acróbata Octavio Mas, e na dramaturxia a besta das dúas cabezas: Pepe Sendón e Quico Cadaval.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.