Cultura de Dodro sinaliza con monólitos sete tesouros patrimoniais

14 Abril 2022

Co obxectivo de reivindicar e referenciar os tesouros do concello, con vistas ao turismo pero tamén co foco posto nos residentes, a Concellería de Cultura e Patrimonio de Dodro vén de levar a cabo a instalación de sete novos monólitos de información en outros tantos sitios de relevancia patrimonial no termo municipal (por exemplo o Valo de Manselle, a Capela do Santo Anxo da Guarda, o Pazo de Lestrobe, o Pazo de Tarrío ou o Pozo do Conxeiro).

Con esta intervención quedan sinalizados os principais bens do patrimonio cultural do concello, igrexas, capelas, construcións civís, cruceiros, hórreos etc. e dende o Consistorio manifestan que é a súa intención seguir no futuro con outros elementos significativos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Nesta xornada Galicia continuará con inestabilidade atmosférica debido a presenza de aire frío en altura. Polo tanto, teremos ceos nubrados con chuvascos localmente treboentos durante a mañá no norte da Comunidade e sendo máis probables pola tarde no interior do...

“Libros y autores”. Alberto Barciela

“Libros y autores”. Alberto Barciela

En manos de una editorial inteligente, un libro o un animal pueden resultar una elegante evolución colorista. Las páginas se encuadernan para sustentar un cierto orden ideográfico y, a su vez, para soportar anaqueles de vidas y afanes. La huella genética se retrata en...