A rapazada do Lousame Concilia participa nun obradoiro de repostería

12 Abril 2022

Os trece nenos e nenas que participan na ludoteca de Semana Santa do programa Lousame Concilia participaron nun obradoiro de repostería. A través del, elaboraron e cociñaron as súas propias galletas. Fixérono de acordo aos moldes dispoñíbeis (corazóns, lúas, estrelas, flores…), que despois puideron levar para as súas casas para compartiren coas súas familias.

Este obradoiro foi a primeira das actividades programadas no Lousame Concilia para estas vacacións de Semana Santa. Este martes 12 de abril, de feito, van traballar na decoración das caixas de ovos para un gran xogo de busca do tesouro que terá lugar o vindeiro luns, día no que tamén desfrutarán dun obradoiro de elaboración de velas. Mañá mércores, a rapazada participará nun obradoiro de cestería.

O Lousame Concilia de Semana Santa é un programa de conciliación familiar dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. As sesións teñen lugar os días 11, 12, 13 e 18 de abril, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, entre as 09.30 e as 14.30 horas. Lousame Concilia está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.