“Un paso adiante na vida e o emprego a bordo dos barcos” – Antón Luaces

12 Abril 2022

O Congreso dos Deputados aprobou o Convenio 188 da Organización Internacional do Traballo (OIT) que xa asumen un total de 437 países dende o ano 2007. Este Convenio garante as condicións dignas de emprego e de vida a bordo dos buques pesqueiro.

Inclúe, amais, a loita contra a competencia desleal ou dumping social no sector pesqueiro e que, ata o de agora, somentes foi ratificado por unha vintena de países. O Pleno da Cámara Baixa, na votación realizada para a aprobación do Convenio Mundial sobre o traballo digno na pesca non rexistrou ningún voto en contra e 28 abstencións. Ven ser un paso máis para que España complete a súa aprobación definitiva do devandito Convenio. Este completa e unifica as diferentes normas internacionais do sector e promove o traballo “decente” no ámbito pesqueiro no que desenvolven na súa actividade laboral 38 millòns de persoas en todo o mundo, segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social.

O obxectivo do convenio é fomentar a calidade do emprego nas frotas, e a súa aprobación implica que España se sume ós estándares laborais máis elevados para os pescadores.

Este convenio formula unha mellora das condicións de vida dos tripulantes dos barcos no que atinxe aos requisitos mínimos de traballo, contratación, condicións mínimas de aloxamento e alimentación, protección da seguridade, a saúde laboral e a atención médica. Ten tamén como fin facilitar a loita contra a trata das persoas e outros abusos, especialmente en buques con bandeira de países con sistemas de inspección con menor capacidade de actuación.

Entre a vintena de países que xa ratificaron o Convenio 188 figuran Angola, Argentina, Marrocos, Namibia, Noruega, Senegal, Sudáfrica, Tailandia, Reino Unido e, dentro da Unión Europea, nacións coma Francia, Dinamarca, Holanda, Panamá, Portugal, Letonia e Lituania .

O Congreso dos Deputados aprobou asemade as emendas realizadas en Roma en 2014 ao Convenio para o establecemento da Comisión Xeral de Pesca do Mediterráneo.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.