Boiro e Ribeira renovan a súa participación en Recicla vidro por elas

11 Outubro 2019
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, na presentación da campaña o ano pasado/ Foto: Xoán Crespo

20191011 Hoxe presentouse en Lugo a cuarta campaña solidaria Recicla vidro por elas, unha iniciativa de ámbito estatal que combina o fomento da reciclaxe coa solidariedade co colectivo de mulleres doentes de cancro. Na campaña participarán 15 concellos da nosa terra nos que se instalarán 30 iglús de cor rosa, en consonancia coa imaxe do Día Mundial do Cancro de Mama.

A iniciativa, impulsada e promovida Ecovidrio (en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e os Concellos), ten o obxectivo de recadar fondos para a loita contra esta tipoloxía de cancro, que afecta cada ano a miles de mulleres (por cada quilo de vidro que se recicle Ecovidrio doará 1 euro á Fundación Ibarra de Solidaridade para contribuír á investigación sobre a devandita doenza).

A campaña arrancou hoxe en Lugo e a partir do luns estenderase a outros 14 concellos galegos, concretamente aos de Boiro, Ferrol, Curtis, Padrón, Santiago, Porto do Son, Noia, Ribeira, A Coruña, Carballo, Lugo, Ourense, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Sanxenxo. No conxunto de España, Ecovidrio levará esta acción solidaria, que se prolongará ata o vindeiro 26 de outubro, a máis de 80 cidades e vilas nas que se instalarán 340 iglús rosas.

Así mesmo e como símbolo da concienciación e a solidariedade co cancro de mama, Agatha Ruiz de la Prada deseñou tamén este ano un miniglú conmemorativo para a ocasión, que se poderá mercar en liña e cuxos beneficios destinaranse tamén á Fundación Ibarra.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.