Maís dun millón de euros á contratación de persoal técnico de cultura en concellos

18 Xuño 2019

20190618.- Un total de 68 concellos entre eles os catro de Arousa Norte, recibirán este ano axudas para a contratación de persoal técnico municipal para a xestión cultural nunha nova edición da convocatoria para a que a área de Cultura da Deputación da Coruña achega 722.739 €. A liña de axuda en oncorrencia competitiva destínase ao mantemento e creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais co obxectivo de contribuír á profesionalización e ás boas prácticas no sector.

A Deputación da Coruña fai pública tamén no Boletín Oficial a resolución do programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para a atención a museos e centros de interpretación das que se benefician neste ano 38 concellos que recibirán un total de 384.728 €.

Concesión definitiva programa para o mantemento ou
creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos
municipais de cultura

BOIRO 5.000, RIANXO 10.000 e RIBEIRA 15.000 euros.

Concesión definitiva do programa para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación

BOIRO 13.500 euros, POBRA DO CARAMIÑAL 13.500, RIANXO 20.462,62 E RIBEIRA 25.500 EUROS Deputacion da Coruña Anagrama

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.