O Son e Ribeira sentan os alicerces dun novo Obradoiro Tahume centrado na cociña e nos aparellos

08 Abril 2022

Ribeira e Porto do Son van seguir colaborando en materia de emprego. Así o confirmaron este venres 8 de abril os alcaldes de Ribeira e Porto do Son, Manuel Ruiz e Luis Oujo, no transcurso da sinatura dun novo convenio de cooperación laboral. Este acordo senta as bases para a celebración dunha nova convocatoria, a oitava xa, do Obradoiro Tahume. Centrarase nas especialidades de cociña e de confección e montaxe de artes e aparellos. Unha vez aprobado e posto en marcha achegará contidos e recursos formativos, teóricos e prácticos, a vinte alumnos-traballadores durante un período de 12 meses.

Segundo explicaron, na especialidade de cociña (Operacións básicas de cociña e pastelería) está contemplada a participación de doce alumnos e alumnas de ambos concellos, tendo a Escola Municipal de Hostalería de Ribeira situada no segundo andar do Mercado a súa aula de formación: un lugar que xa deu cabida a outros dous obradoiros de emprego (O Pote I e O Pote II) se ben unicamente coa intervención de alumnos do municipio ribeirense.

En canto á confección e montaxe de artes e aparellos, prevese a participación de oito alumnos (tamén de ambos municipios) e a súa aula de formación estará situada en Porto do Son. Con esta especialidade, sinalaron Ruiz e Oujo, “pretendese incidir nunha ocupación que ten a día de hoxe unha alta demanda de traballo asociado coa flota pesqueira e está abrindo ademais outras saídas laborais vinculadas coa artesanía galega”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.