A campaña Pasaporte Rianxo repartiu 100 premios en só cinco mañás

08 Abril 2022

A campaña comercial da Asociación Somos Rianxo coa que se celebran as festividades do Día do Pai e da Nai (a campaña comercial Pasaporte Rianxo, que cubrirá até o 7 de maio e que ten o obxectivo de incentivar as compras locais e recompensar a fidelidade da veciñanza) chegou co mes de abril a un intre álxido do seu desenvolvemento. Segundo informaron dende a asociación, foron días repletos de xente premiada, con máis de 100 premios repartidos en tan só cinco mañás.

O antes

A campaña consiste basicamente en dar aos clientes un pasaporte para cruñar en dez negocios diferentes de Somos Rianxo. Despois as persoas participantes poderán ir á Praza de Abastos e elixir un sobre entre os cales hai máis de 500 premios. A campaña levarase a cabo entre o 14 de marzo e o 7 de maio. O obxectivo de Pasaporte Rianxo é “apoiar, promover, activar e dinamizar os negocios de proximidade de Rianxo así como premiar ás persoas que consuman no municipio”.

O despois

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.