Detidas dúas persoas de Boiro acusadas de furto e estafa continuada

11 Outubro 2019

20191011. A Garda Civil do Posto de Boiro procedeu á detención dun home e dunha muller, veciños da mesma localidade, por tres delitos de furto de carteira e estafa continuada. Os presuntos autores dos feitos utilizaron as tarxetas de débito das carteiras subtraídas co sistema de pago contactless para realizar ata 23 compras en comercios de Boiro e A Pobra do Caramiñal.

A vítima dun dos furtos de carteiras é unha persoa de avanzada idade, á que supostamente axudaron a entrar no seu domicilio, apoderándose de 750 euros.

O importe total dos delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica ascenden a 1136 euros. Con estas detencións conseguiuse atallar o exponencial incremento de actividade delituosa que estes dous individuos experimentaron nos últimos tempos.

A instrución das dilixencias está a cargo do Xulgado de Garda de Ribeira.

Outros artigos

Boiro celebra o Samaín cunha nova edición do Túnel do Terror

Este sábado 31 de outubro imos ter en Boiro unha das principais actividades do programa de Samaín no Barbanza: o Túnel do Terror que organiza cada ano o colectivo xuvenil Turbina co apoio do Concello de Boiro. Dará comezo ás 18.30 horas no local Leñaverde (Centro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.