A Marea Cidadá de Noia levará ao Parlamento a situación da sanidade no municipio

08 Abril 2022


A Mesa do Parlamento vén de admitir unha Iniciativa Popular non de Lei presentada pola Marea Cidadá de Noia na que se solicitan “melloras nos servizos sanitarios que o SERGAS presta no concello”. A dita agrupación manterá aberta ao longo destas semanas unha recollida de sinaturas para acadar o mínimo de 3.000 apoios que o Parlamento solicita unha vez aceptada a Iniciativa por parte da Mesa do Parlamento.

En dita Iniciativa, a Marea di que os servizos sanitarios noieses atópanse “nunha mala situación” e que ano tras ano “colápsanse nas etapas do verán”. Dende a formación local demandan “unha mellor previsión nas necesidades do centro sanitario, e que se conteste con reforzos nos momentos de verán, cando a demanda é maior”.

A Iniciativa tamén reserva un espazo para solicitar que se inicie a planificación da construción dun novo Centro de Saúde de Noia, “agora que tras 7 anos de peticións o Concello mercou un terreo específico para dita edificación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.