O Concello de Boiro comeza a preparar os areais co remate da tempada invernal

06 Abril 2022

Con vistas a mellorar os espazos de importancia ambiental e reforzar os seus atractivos turísticos de cara a esta tempada de primavera-verán, o Concello de Boiro comezou as tarefas de limpeza de praias. Púxose o foco en acondicionalas e en devolverlles o esplendor logo do inverno e dos fenómenos costeiros máis adversos. As actuacións comezaron polos areais de maior dimensión como son Mañóns, Carragueiros ou Barraña para logo facerse de xeito progresivo nas demais praias e calas do termo municipal.

Nesta primeira limpeza que se comezou a realizar esta semana estase a facer unha recollida de residuos depositados na area debido á acción das mareas do inverno e tamén preparar a superficie areosa de cara á chegada do bo tempo para nivelar a area que moven as fortes mareas dos pasados meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.