Noa Díaz pide á Xunta unha solución urxente ante o que califica de “problemas de mala planificación e funcionamento” do transporte na Barbanza

05 Abril 2022

A deputada socialista Noa Díaz vén de urxir á Xunta unha solución ante o que califica de “problemas de mala planificación e funcionamento” do transporte interurbano na Barbanza. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, a través dunha pregunta oral á conselleira de Transporte, na que reivindicou que “sente de novo cos concellos e adopte unha postura construtiva” para mellorar o modelo de transporte público nesta comarca.

Dende que hai aproximadamente un ano que comezou a nova adxudicataria a prestar este servizo, “son numerosas as queixas das usuarias e usuarios de toda Galicia polos problemas que está a dar”, alertou a socialista. Unha situación, sinalou, que se produce de “maneira recorrente” nos concellos da comarca, unha área con preto de 70.000 habitantes e cunha “forte mobilidade”.

Con todo, Díaz, incidiu en que “a oferta actual non satisfai toda demanda porque está baseada nun concepto herdado do anterior contrato” no que “nin se innovou nin se pretendeu facer gala dunha maior sostibilidade, como así lle propuxeron os concellos do Barbanza”.

“A veciñanza da Barbanza esixe unha solución inmediata”, reivindicou a voceira socialista, que pediu que esta pase pola restitución das liñas suprimidas e por un incremento dos servizos que cubran as necesidades da cidadanía da contorna.

Neste marco, Díaz trasladou a proposta dos municipios da comarca que, aproveitando as potencialidades da autovía AG-11, propoñen conectar nunha única liña de transporte os catro polígonos industriais situados en Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo, “paradas das que a modo de lanzadeira sairían autobuses de menor porte que conectarían cos núcleos urbanos dos concellos, efectuando así moitas máis paradas”.

“Isto supón un novo modelo máis eficiente e dende logo moito máis sostible e ecolóxico” e, desta maneira, incidiu, “responderíase ás necesidades de frecuencia e horarios do transporte interurbano, que na súa maioría se emprega para ir ao centros de traballo, á vez que se solucionarían o resto das demandas da poboación”.

Por último, Díaz lamentou que, malia o “descontento xeral de toda a poboación”, coñecido xa pola Consellería de Transportes, e a pesares da proposta remitida polos concellos da comarca, dende a Xunta “fixeron caso omiso”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.