Os nacionalistas de Ribeira condenan as agresións machistas sucedidas esta semana na localidade

10 Outubro 2019

20191010. O BNG ribeirense manifesta que se solidariza coas dúas vítimas que sufriron un ataque machista e un de violencia sexual, instando á sociedade a expresar a súa repulsa.

A membro do Consello Local, Cruz Rivadulla Márquez, apuntou que “expresamos todo o apoio e solidariedade do BNG coas vítimas e condenamos de violencias machistas, sexan físicas, psíquicas ou sexuais.” Rivadulla considera “urxente rexeitar socialmente os ataques e denunciar cando haxa algún tipo de signo violento ou agresión por mínima que sexa.” Neste senso, a nacionalista reclama máis protección, pois denuncia que “as mulleres están sendo agredidas só polo feito de seren mulleres.”

Por último o Bloque reivindica como “imprescindíbel” a educación e a sensibilización social para atallar a violencia contra as mulleres. Así, a formación sinala que se pon a disposición do Centro de Información á Muller (CIM) e do departamento de Servizos Sociais para “realizar todas as iniciativas e cambios legais necesarios sexan a nivel municipal, galego ou europeo para mellorar a loita contra a violencia machista.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.