“Sistema tributario xusto” – José Manuel Pena

31 Marzo 2022

Continuamos vivindo momentos difíciles. Todos os gobernantes están preocupados, así como os sectores económicos e sociais, ademais das familias e traballadores con menos recursos.

Chama poderosamente a atención que algunhas formacións políticas teñen unha enfermiza obsesión pola baixada de impostos, paradoxalmente en momentos dun excesivo gasto público para amortecer os efectos da pandemia mundial e do conflito bélico en Europa.

Tamén chama a atención que estes mesmos políticos e gobernantes que solicitan a rebaixa de impostos ao mesmo tempo queren que se lles incremente o orzamento económico para investimentos. Como compaxinar ditas opcións, sen danar os dereitos básicos e fundamentais das persoas?

O noso país ten pendente unha necesaria e urxente reforma tributaria para que paguen máis impostos os que máis teñen pero parece ser que os nosos gobernantes non o consideran como un asunto urxente ou ben non teñen a suficiente valentía para adoptar as medidas necesarias, de acordo coa legalidade vixente.

O artigo 31 da Constitución española establece claramente que “todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto”. A que se espera para garantir esa igualdade e progresividade fiscal? Ou é que se pretende continuar rebaixando máis impostos aos que teñen as rendas máis altas?

                 

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...