Os socialistas de Noia reclaman a elaboración do proxecto técnico da vía Barquiña-Orro

30 Marzo 2022

O Grupo Municipal Socialista de Noia anunciou que levará ao pleno ordinario de marzo unha moción solicitando ao Goberno municipal o proxecto técnico para a creación da vía Barquiña-Orro. Esta moción materialízase despois de que o voceiro Roberto Iglesias, e a concelleira e deputada provincial Sandra González, mantiveran unha reunión coa Asociación de Veciños da Barquiña para escoitar as súas queixas polas discriminacións das que din ser obxecto e recibir unha serie de peticións para dar traslado ao Goberno municipal. O dito proxecto técnico da vía está recollido no PXOM aprobado en 2016 e actualmente atópase en tramitación, segundo lembran os socialistas.

O voceiro Socialista Roberto Iglesias incide en que “a Barquiña é un dos núcleos máis poboados que ten o concello e o actual Goberno ten completamente abandonado, non levando a cabo as solicitudes que os veciños veñen demandando dende hai anos”. Por esta razón, sinala, “solicitamos que se leve a cabo este proxecto para non agardar pola aprobación do PXOM, e ir axilizando prazos para que esta vía de comunicación sexa unha realidade nun prazo razoábel, facendo as xestións precisas e tendo en conta a opinión dos afectados”.

Amais, o grupo do PSOE tamén recoñece que se comprometeu para dar traslado por escrito a varios dos asuntos que lle solicitaron dende a asociación de veciños, como o estado da vía que conecta co Río do Porto, a falla de contedores de lixo para poder reciclar axeitadamente e as eivas de mantemento en Punta Paralada. A veciñanza tamén lle trasladou á agrupación o seu interese por como se atopan as xestións realizadas con outras administracións para a retirada das tubaxes de fibrocemento.

Outros artigos

A Campaña do Día da Nai en Noia xa ten números gañadores (dez)

A patronal noiesa (Noia Histórica) resolveu os premios da súa Campaña do Día da Nai, a través da cal buscouse reivindicar o comercio local ao tempo que se quixo premiar a fidelidade da cidadanía cos establecementos do seu concello. En total, sorteáronse 10 vales de 30...

+

A Marea de Noia propón a recuperación da Feira do Libro

A Marea de Noia fixo unha proposta para a recuperación da Feira do Libro. Manolo Seijas, responsábel da agrupación, explicou que "Noia é unha das vilas culturais máis importantes de Galicia, con escritoras e escritores locais de gran prestixio" polo que a Feira do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

La vida es un acto individual que hemos de compartir necesariamente si queremos otorgarle sentido, una lógica. Seguir en soledad sería retroceder, asumir una vida sin sentido, sin convivencia, sin participación. Lo sensato es encontrar un hueco en la zona de consenso....