O luns un centro de baixas presións situado ao suroeste de Portugal deixará un día de inestabilidade atmosférica. Con esta situación, o ceo estará parcialmente cuberto con nubes de tipo medio e alto, con chuvascos máis probables no interior da Comunidade durante a tarde. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente leste, entrando a compoñente norte ao final do día.

O NOSO MAR: Vento do leste á mañá, variable á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 1 a 2 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 01:57 | 3.2 m |
| Baixamar | 08:26 | 1.0 m |
| Preamar | 14:44 | 3.1 m |
| Baixamar | 20:44 | 1.1 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 01:48 | 3.2 m |
| Baixamar | 08:15 | 1.1 m |
| Preamar | 14:32 | 3.1 m |
| Baixamar | 20:34 | 1.2 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 01:54 | 3.2 m |
| Baixamar | 08:21 | 1.0 m |
| Preamar | 14:40 | 3.1 m |
| Baixamar | 20:40 | 1.1 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



