Os maiores de Lousame aprenden a manexar o novo caixeiro automático instalado no Consistorio

24 Marzo 2022

Lousame xa ten novo caixeiro automático a disposición da veciñanza. Foi grazas á xestión de Abanca e a Xunta, que impulsaron unha iniciativa para dotar deste servizo a aqueles concellos que non conten xa con sucursal. No caso de Lousame, contaron coa plena colaboración do Concello, quen, de feito, habilitou a fachada do Consistorio para a instalación de equipamento en Portobravo.

Formación

O Concello informou de que medio cento de veciños e veciñas de Lousame, maiores de sesenta anos, participaron este xoves 24 en dúas sesións formativas para aprender a manexar o caixeiro automático que a semana pasada instalou Abanca en Portobravo, na fachada da Casa do Concello. Esta sesión abeirouse ao plan de formación da entidade vencellado á instalación destes caixeiros.

O tenente de alcaldesa de Lousame, Ramón Martínez, asistiu ás sesións e destacou que “a instalación dun caixeiro automático ou dunha oficina en Lousame é algo polo que este grupo de Goberno traballou moitos anos. Por iso é de celebrar esta iniciativa da Xunta de Galicia que permitirá que os veciños e veciñas de Lousame non teñan que desprazárense a outros concellos para facer xestións como retirar ou ingresar cartos, actualizar cartillas ou pagar os seus recibos”.

Neste sentido, Ramón Martínez agradeceu que tanto a Xunta como Abanca “tivera a ben ofrecer estes cursos de formación básica en banca electrónica pois a nosa experiencia cos maiores e coas novas tecnoloxías está a ser moi positiva. Así o demostran os distintos cursos de manexo de móbil e de Internet que temos celebrado e que fan que moitos dos nosos maiores xa saiban como solicitar cita no médico ou consultar a prensa. Agora, xa saben como acceder aos servizos da banca electrónica”.

Así, unha formadora de Abanca explicou (con imaxes e recursos prácticos) durante dúas horas aos maiores de Lousame como funciona o caixeiro e cales son as operacións máis habituais que se poden realizar. A formadora fixo fincapé en que as xestións se poden facer con confianza e con todas as garantías de seguridade, sempre que se sigan as recomendacións básicas de seguridade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.