“Existe un comproiso por cumprir”. Antón Luaces

24 Marzo 2022

Dende que vai xa máis dun mes afundira a 250 millas da illa de Terranova o arrastreiro marinense “Villa de Pitanxo”, quedan por recuperar -como é sabido- os corpos de nove mariñeiros que os seus familiares queren, sobre todas as cousas, depositar no camposanto. Estas familias están convencidas, ao igual que a maioría dos mariñeiros galegos, de que os que faltan por rescatar permanecen no interior do buque afundido.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, comprometérase a seguir na busca do barco e tentar achar os nove mariñeiros que, supostamente, están no interior do pecio. Mais, case que un mes e medio dempois do naufraxio, nin os servizos de busca de Canadá nin, moito menos, os españois -coa excepción dos pesqueiros que aló continúan a pescar, sempre atentos a calquera sinal que permita determinar que se trata do buque pesqueiro afundido- moveron a hélice dun barco na percura de nove homes cuxas familias queren telos ao seu carón aínda que sexa nun cimeterio.

Este xoves pola tarde, na subdelegación provincial do Goberno en Pontevedra, o director xeral da Mariña Mercante, Benito Núñez, e o director de Salvamento Marítimo, José Luis García Lena, acompañados do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, van entrevistarse novamente con eses familiares. Estes agardan información e propostas sobre as súas demandas de localización do barco a unha posible actuación mediante o uso de rovs que determine onde se atopa o pesqueiro e que posibilidades existen de poder acceder ao interior deste para recuperar os corpos dos desaparecidos, xa oficialmente recoñecidos como mortos.

Hai malestar e mesmo indignación entre as as familias pola falta de novas e pretenden que o delegado do Goberno asuma o compromiso expresado por Pedro Sánchez de dar continuidade ás tarefas de busca do pecio e, a ser posible, extraer do buque os restos dos nove mariñeiros. Pero non confían xa en acenos e palabras de comprensión. Queren acción, determinación para que, en Terranova, un buque da Armada ou outro enviado aló por España, realice a prospección daquel caladoiro no que afundia o “Villa de Pitanxo” o 15 de febreiro pasado deixando 21 familias de loito (aínda qwue outras tres poidan ter no seu seo a otros tantos tripulantes do mesmo pesqueiro).

Os familiares asistirán a este encontro na subdelegación pontevedresa do Goberno, sen a máis mínima confianza de que se cumpra o prometido polo xefe do Executivo español. E aínda así, seguirán na súa demanda.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.