A Deputación da Coruña financia con 67.621 euros as melloras de seguridade na rúa Coruña, en Noia

23 Marzo 2022

A Deputación anunciou este 23 de marzo que vai financiar os traballos para mellorar a seguridade viaria na rúa Coruña de Noia, e farao cun investimento de 67.621 euros.

A actuación, que está valorada en 84.527,05 euros dos que a entidade provincial aportará concretamente 67.621,64 euros, o 80% do orzamento, permitirá mellorar a seguridade de vehículos e peóns nunha rúa interior do casco urbano de Noia que, segundo indican Deputación e Concello, “é moi utilizada xa que, por unha banda, conta cunha elevada actividade comercial e, pola outra, une as vías AC-550 e AC-311”.

Os traballos a levar a cabo incluirán, ademais da renovación do firme e da reposición da sinalización horizontal que actualmente está practicamente borrada, unha nova localización para os dous pasos de peóns que “pola pouca visibilidade que teñen ofrecen certo risco para o paso das persoas maiores”.

Ademais, noutros tres lugares de paso axustaranse os pasos de peóns co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade. Por último, e debido a que en obras anteriores foise subindo a cota do firme sen modificarse a das beirarrúas, realizarase unha escarificación da plataforma para que os itinerarios dos peóns gañen en altura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...