Ambar contará cun espazo de seu no Viveiro de Empresas de Porto do Son

21 Marzo 2022

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional conta dende este 21 de marzo cun espazo no Viveiro de Empresas do Porto de Son onde desenvolve accións e programas centrados no emprego, entre os que se atopa un programa dirixido exclusivamente a mulleres.

Segundo informa Ambar, esta é a segunda incorporación ao listado de espazos cos que a asociación contará na comarca e que a entidade ten proxecto ampliar proximamente, nos que xa se atopa o Viveiro de Empresas do Concello de Ribeira.

Exterior do Viveiro de Empresas de Porto do Son

Con esta acción, Ambar impulsa a súa área de emprego para dotar dunha atención máis centralizada na comarca ás persoas beneficiarias dos proxectos que se desenvolven co obxectivo de facilitar a inserción laboral.

Ángeles Sampedro, técnica de emprego da asociación. Será a encargada de prestar os servizos de asesoramento e sesións individualizadas ás persoas beneficiarias dos proxectos e servizos de Ambar.

40 anos, impulsando talentos diversos

Dende os seus comezos Ambar tivo como obxectivo “favorecer a inclusión laboral das persoas con diversidade funcional”. Tanto no antigo Centro Ocupacional do polígono de Xarás como no que conta na actualidade en Frións, impartíronse distintas formacións no eido artesanal que facilitaron que as persoas participantes puideran crear os seus propios obradoiros e optar a diferentes oportunidades laborais. O ano 2006 foi a data na que se levou a cabo a primeira formación en toda Galicia sobre asistencia persoal. Nos últimos anos Ambar lanzou o proxecto iWork de emprego inclusivo, pioneiro en toda España, que impulsa unha cultura empresarial innovadora.

Na actualidade, estanse levando a cabo varios proxectos e servizos de emprego entre os que se atopan o servizo de orientación laboral da entidade, as formacións sobre industria alimentaria e comercio financiadas pola Fundación ONCE, as conferencias con empresas inclusivas e agora a incorporación aos viveiros de empresas de Ribeira e do Porto do Son.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.