Desde o luns a base EVA-10 en Barbanza será escenario de manobras militares

19 Marzo 2022

Máis de 2.140 efectivos dos Exércitos de Terra, Aire e a Armada despregaranse a partir do luns na Barbanza e outros puntos de Galicia con motivo dunhas manobras militares que se centrarán na contorna da base do Escuadrón de Vixilancia Aérea Número 10 (EVA-10), situada no monte Iroite.

Segundo fontes do propio Exército do Aire, as actividades arrincarán o luns 21 e concluirán o venres 25. Están previstas unha serie de incidencias simuladas, que obrigarán a executar misións defensivas, pensadas para un adestramento adicional do seu persoal e a posibilidade de avaliar o traballo dos medios terrestres, navais e aéreos que se asigna ao MOA (Mando Operativo Aeroespacial), que é o encargado de poñer en marcha as tarefas.

Esta actividade corresponde coa activación do Eagle Eye 22-01, cuxo fin é contribuír e asegurar a integración e a eficiencia do Sistema de Defensa Aeroespacial nacional. En definitiva, farase unha simulación dun intento de conquista, tanto por terra como por aire, do cuartel que controla o espazo aéreo nacional os 365 días do ano, as 24 horas do día, e que, loxicamente, en caso dun conflito bélico, sería un punto sensible e obxectivo inimigo. É por iso que cada certo tempo, o Exército realiza actividades deste tipo noutros EVA de todo o país e teñen como fin engraxar a maquinaria, actualizar protocolos e constatar que a seguridade está garantida e preparada.

Segundo afirman desde o Exército do Aire, o MOA activará durante o desenvolvemento do Eagle Eye 22-01 un bo arsenal de medios. Por parte do Exército de Terra, participará unha Unidade de Defensa Antiaérea ( UDAA) Hércules, do Mando de Artillería Antiaérea, que se constituirá en base ao Grupo de Artillería Antiaérea 1/74, radicado en San Roque, Cádiz.

Por parte da Armada estará presente a fragata F102 Almirante Juan de Borbón, unha das que mellores capacidades de defensa aérea teñen en Europa e que conta con sistemas de defensa de mísiles balísticos ou de ataque a terra con mísiles de cruceiro. Neste caso, terá varios obxectivos, aínda que o seu sistema de combate Aegis fai que o seu punto forte sexa a guerra antiaérea. A fragata é capaz de defender unha forza naval fronte a diversas ameazas, xa sexan aéreas, de superficie ou submarinas, en escenarios de alta, media e baixa tensión; e contará con 180 efectivos.

Por parte do Exército de Aire, o número de efectivos mobilizados alcanzará os 1.560. Entre todos eles destacan seis cazas EF-18 do Á 15, así como unidades permanentes do Sistema de Defensa Aérea. Ademais dos militares do Escuadrón de Vixilancia Aérea (EVA), activarase tamén o Grucemac (Grupo Central de Mando e Control), cuxo obxectivo é o control táctico dos medios que lle sexan asignados. A maiores, o COVE (Centro de Operacións de Vixilancia Espacial) será o encargado de proporcionar, a través do MOA, servizo de apoio espacial ás operacións do resto de Mandos Permanentes. Proverá medios como o cálculo de sobrevoo de satélites, previsión diaria de meteoroloxía e predición de sinais GPS.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.