En Ribeira recepción a Adrián Pego e Juan Vicente Figueiras tras os seus magníficos papeis na copa do mundo de Kempo

18 Marzo 2022

O salón de plenos acaba de ser escenario do recibimento aos ribeirenses Adrián Pego e Juan Vicente Figueiras logo dos seus éxitos acadados coa Selección Española na Copa do Mundo da Federación Internacional de Kenpo, que se disputou a pasada fin de semana en Caldas da Rainha (Portugal) no que o primeiro dos deportistas mencionados obtivo dous ouros en full kenpo e submissión, en tanto que o segundo acadou unha medalla de prata en full kempo.
O acto estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz e contou coa participación, ademais dos dous deportistas mencionados, doutros integrantes do club no que militan, o Kenpo Pobra, entre eles o seu
adestrador Miguel Pérez, que tamén estivo na localidade lusa en calidade de coach. Tamén estiveron presentes diversos edís da Corporación Municipal.
O alcalde felicitou aos deportistas laureados e salientou a importancia do non darse por vencido para conquerir resultados, como nos teñen demostrado deportistas como Ana Peleteiro ou Rafa Nadal.
O acto concluíu nos soportais do Concello cunha foto de familia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...