“Montañas e cristas vermellas”. Antón Luaces

13 Marzo 2022

Ás vellas montañas das que foran rexións españolas de Castilla la Vieja e León agromaron este inverno un repoludo galo de crista vermella que cacarexou na Junta de Castilla y León dende os galiñeiros da vicepresidencia do goberno autonómico, a presidencia do Parlamento desta comunidade autónoma e tres consellerĺas. Dalgűn xeito as montañas nevadas erguen en Castilla e León aquelas bandeiras ao vento coas que un dīa soñaran Onėsimo Redondo, Ramiro Ledesma Ramos, Josė Antonio Primo de Rivera, Francisco Franco e a Comuñón Tradicionalista, cuxos soños os levaron a conformar  máis tarde a Falange Española Tradicionalista y de  las JONS, brazo polītico do goberno franquista que, durante case 40 anos, mandou esta España NUESTRA á que un día cantara a inesquecible Cecilia.

Semella que o tempo nos fai recuar aos anos 30 do sėculo pasado cando, en 1931, nacían as Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS), partido de carácter totalitario e contrario aos partidos políticos e á asunción do sistema democrático tan parecido no seu percorrido ao actual socio de goberno do PP naquela comunidade autónoma.

 Contrario Vox á vixencia do Estado das autonomías, cadra tamėn neste eido  coas JONS, que proclamaban a supremacía do Estado, artellado arredor dun sindicato. Ås montañas nevadas deste tempo non dan moitos azos de cara a unha primavera máis gratificante, máis o galo de crista roxa non renuncia a lle cantar ao ceo no que un  día o franquismo puxera as cinco frechas que se querīan alzar cara a  Deus coa “mirada clara e lonxe, e a fronte levantada” para ir “por rutas imperiais camiñando cara a Deus”.

É, o de Vox, un galo de canto rouco que, con dificultades, poderā entenderse cos descendentes de aqueles homes e mulleres que prantaron cara ao fascismo, protagonizando episodios que marcaron terras duras hoxendía produtivas que, en rendabilidade política, corresponsen agora ao PP.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.