O Rotogal Boiro Voleibol súa ata a última pinga para bater a un correúdo Arenal Emevé

12 Marzo 2022
Os da Cachada romperon o maleficio do quinto set ante un adversario cun enorme espírito combativo

Miguel Alvarez.- Moitas semanas máis tarde, o Rotogal Boiro Voleibol rompeu o maleficio do quinto set. Segundo triunfo en nove intentos no tie break na presente edición da Superliga. Conseguiuno tras bater ao Arenal Emevé (3-2) nun vibrante derbi galego. Os da Cachada obtiveron un triunfo moi traballado fronte a un adversario incansable, que xamais lanzou a toalla e que espremeu ao máximo aos de Marcelo Benavídez.
O derbi galego discorreu polos leitos da igualdade desde o inicio da contenda. O Emevé deixou claro moi cedo que ía resistir o empuxe dos da Cachada. Nun primeiro set moi equilibrado, a defensa dos lucenses e algúns erros non forzados do Rotogal Boiro Voleibol propiciaron que os visitantes tomasen a dianteira (23-25). Con ingredientes similares, os de Marcelo Benavídez equilibraron o encontro no segundo acto (25-23).
O Rotogal Boiro Voleibol foi superior no terceiro set, no que tomou a iniciativa desde o arranque e empregouse cunha maior comodidade. Desta maneira, os locais xestionaron unha pequena vantaxe para adiantarse no marcador (25-20). Pero o equilibrio retornou á Cachada na cuarta manga, cando, punto a punto, o Arenal Emevé, cun inquebrantable esforzo defensivo, reaccionou para enviar o derbi ao tie break (23-25).
Por segunda vez no que vai de tempada, o Rotogal Boiro Voleibol pechou un partido ao seu favor no quinto set (15-12). Conseguiuno despois de adquirir unha pequena renda desde o inicio e despois de esforzarse ao máximo para sentenciar a un Arenal Emevé que aínda salvou as dúas primeiras bólas
de partido.

Rotogal Boiro Voleibol, 3: Gaby do Carmen, Mario Iglesias,José Carlos Romero, Felipe Benavídez,
Renan Levandoski, Gaspar Bitar e Adrián Alves ( líbero). Tamén xogaron Ismael Martínez, Martín
Casais, Alan Davila e Alberto Tubio ( líbero).
Arenal Emevé, 2: Aurelio Rodríguez, Bruschini, Vitor Alves, Alzueta, Loeches, Víctor Bouza e
Mario Dovale ( líbero). Tamén xogaron Miguel Paradela e Luca Biliato.
Sets: 0-1 (23-25), 1-1 (25-23), 2-1 (25-20), 2-2 (23-25) e 3-2 (15-12).
Árbitros: Rubén Sánchez e Diego Rodríguez.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón da Cachada #ante uns 400 espectadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...