Paula Carballeira leva “A Carreta Pantasma” á Casa da Cultura de Boiro

11 Marzo 2022

Este sábado 12 de marzo temos unha cita teatral de primeira liña na Casa da Cultura de Boiro. Trátase de A Carreta Pantasma, un espectáculo para público adulto da escritora e narradora oral Paula Carballeira baseado no filme homónimo de Victor Sjöström. As entradas pódense adquirir o mesmo día da función a partir das 20.00 horas.

Paula Carballeira nunha imaxe de Eguerrete.gal

A Carreta Pantasma, de 70 minutos de duración, é un espectáculo no que se afonda nos límites entre a narración oral e o teatro, en palabras da produtora Urdime “un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificado con elementos de significación escénica, unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios”. Como dixemos, a peza está baseado na lenda popular sueca que deu orixe ao relato de Selma Lagerloff, a primeira muller en recibir un Nobel de Literatura e que o director de cinema nado en Silbodal, Victor Sjöstrom, levaría ás pantallas no ano 1921.

Ficha artística

Interpretación e dramaturxia: Paula Carballeira
Dirección escénica e deseño de iluminación: Chiqui Pereira
Audiovisuais e espazo escénico: Miriam Rodríguez
Espazo sonoro: Nacho Sanz
Vestiario: Mercedes Torres
Deseño gráfico: Nadina Gráfica

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...