En Artes foron obxecto de pavimentado os lugares de A Gándara, Sego e un camiño de acceso ao río

10 Marzo 2022

O Concello de Ribeira informou do pavimentado de tres lugares na parroquia de Artes: na Gándara, en Sego e máis no acceso ao río Artes-Sanchanás. Os traballos, levados a cabo a cabo esta semana, suman un valor de 69.310 euros.

Traballando na Gándara

Concretamente, este mércores 9 de marzo pavimentouse con aglomerado asfáltico un camiño situado no lugar de Sego, incluídos os sobreanchos: unha intervención incluída no Plan Complementario do POS+2019 que comportou un investimento de 23.494 euros, IVE incluído.

Ademais, este xoves 10 os operarios traballaron no veciño lugar de Gándara, preto do Centro Recreativo. Neste caso a actuación enmárcase no POS+2020 e inclúe tamén a extensión dun novo aglomerado asfáltico incluíndo os sobreanchos de terra. Supón unha inversión de 34.413 euros, IVE incluído.

A estrada de Sego pavimentada

Este mesmo xoves traballouse igualmente nun camiño de acceso ao río Artes-Sanchanás, asfaltándoo con aglomerado conforme a un importe de 11.403 euros.

As tres actuacións foron realizadas pola empresa Nemesio Ordóñez, S.A., ao ser a adxudicataria dos traballos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...