Boiro propón a creación dunha mesa local contra a Violencia de Xénero

09 Marzo 2022

O Concello de Boiro propón para a súa aprobación na sesión plenaria do vindeiro xoves a constitución dunha Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. A concelleira de Feminismo e Igualdade, Dores Torrado, explicou esta mañá máis polo miúdo por quen estará
formada e cales son os seus obxectivos.
Esta mesa local de coordinación busca ser un instrumento operativo no que estarán representados todos os ámbitos municipais implicados na loita contra a violencia de xénero e procurar unha maior eficiencia da resposta ante a grave vulneración de dereitos que supón violencia de xénero. Comezouse a realizar un traballo de campo cos distintos axentes implicados para coñecer a situación de partida e ter un diagnóstico sobre o que comezar a traballar coa súa constitución.
O obxectivo desta mesa é que se reúna de seixo semestral ou de urxencia sempre que a situación o requira para desenvolver accións tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes e a prevención e erradicación da violencia de xénero. “Coa constitución desta mesa o que se pretende é tomar
en serio a loita contra a violencia de xénero no municipio”, afirmou a concelleira.
A mesa estará constituída por persoal técnico municipal do Centro de Información á Muller e Servicios Sociais, a Policía Local e outras forzas e corpos de seguridade; centros educativos e persoal dos servizos sanitarios; así como entidades asociativas en materia de igualdade de xénero e unha persoa representante do Xulgado de Violencia sobre a muller.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...