O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe as datas para a realización dos exames ordinarios teóricos e prácticos para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia. As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B. Para optar a elas realizaranse exames teóricos e prácticos nos centros oficiais de ensino pesqueiro da Consellería do Mar.
No caso de patrón para a navegación básica, os exames teóricos realizaranse o 9 de maio e o 12 de setembro; as probas teóricas de patrón de embarcación de lecer serán o 10 de maio e o 13 de setembro; e as de patrón de iate levaranse a cabo o 11 de maio e o 14 de setembro. Os exames prácticos destas tres titulacións serán o 13 de maio e o 16 de setembro e todas estas probas terán lugar no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo e nas Escolas Oficiais Náutico-Pesqueiras de Ferrol e Ribeira.
En canto aos exames de capitán de iate, o teórico realizarase a 12 de maio e o 15 de setembro, e o práctico terá lugar o 13 de maio e o 16 de setembro. Os exames teórico e práctico de patrón de moto náutica A e B serán o 13 de maio nunha única convocatoria. Tanto as probas de capitán de iate como as de patrón de moto náutica realizaranse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
As persoas interesadas en presentarse aos exames deberán formalizar unha solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde realizarán os exames. O modelo de solicitude figura como anexo I da resolución publicada no DOG, na cal tamén se poden consultar os requisitos necesarios e a documentación complementaria que se debe presentar.
Para a convocatoria de maio, o prazo de matrícula permanecerá aberto desde o 28 de marzo ao 8 de abril, ambos incluídos, e para a de setembro poderán inscribirse desde o 1 ao 12 de agosto, ambos incluídos.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez publicada a listaxe definitiva de aspirantes aos exames, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro nomeará os tribunais para a realización das probas e indicará as horas dos exames no taboleiro de anuncios do centro de ensino e no portal web de formación da Consellería do Mar.
Dada a situación sanitaria actual pola covid-19, e no caso de que nun ou en varios dos centros de ensino exista un número elevado de persoas inscritas para algunha das probas convocadas, poderase realizar o exame en varias quendas. Neste caso, unha vez publicada a lista definitiva de admitidas/os no portal web de formación da Consellería do Mar e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino, comunicaránselle ás persoas interesadas as quendas nas que se realizarán as probas.
Convocatoria de maio de 2022
| Titulacións | Exameteórico | Examepráctico | Centros de ensino onde se realizarán os exames teóricos |
| Patrón/Patroa para navegación básica | 9 de maio | 13 de maio | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoAvda. Beiramar, 55, 36202-Vigo. Teléf. 886 110 825 / 886 110 826Escola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolR/19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881 938 212 / 881 938 213Escola Oficial Náutico-Pesqueira de RibeiraR/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881 866 317 / 881 866 324 |
| Patrón/Patroa de embarcacións de lecer | 10 de maio | 13 de maio | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoEscola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolEscola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira |
| Patrón/Patroa de iate | 11 de maio | 13 de maio | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoEscola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolEscola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira |
| Capitán/capitá de iate | 12 de maio | 13 de maio | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo |
| Patrón/patroa de moto náutica A ou B | 13 de maio | 13 de maio | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo |
Convocatoria de setembro de 2022
| Titulacións | Exameteórico | Examepráctico | Centros de ensino onde se realizarán os exames teóricos |
| Patrón/Patroa para navegación básica | 12 de setembro | 16 de setembro | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoAvda. Beiramar, 55, 36202-Vigo. Teléf. 886 110 825 / 886 110 826Escola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolR/19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881 938 212 / 881 938 213Escola Oficial Náutico-Pesqueira de RibeiraR/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881 866 317 / 881 866 324 |
| Patrón/Patroa de embarcacións de lecer | 13 de setembro | 16 de setembro | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoEscola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolEscola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira |
| Patrón/Patroa de iate | 14 de setembro | 16 de setembro | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoEscola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolEscola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira |
| Capitán/capitá de iate | 15 de setembro | 16 de setembro | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo |
Exames extraordinarios
A convocatoria dos exames extraordinarios teóricos para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer en Galicia neste 2022 tamén está aberta. Estas probas están destinadas ao alumnado matriculado nas escolas de navegación de lecer homologadas. Neste caso, hai tres convocatorias e son estes centros homologados os que se encargan dos trámites para poder presentar ao seu alumnado aos exames.
Aínda que o prazo de inscrición para a convocatoria de marzo xa finalizou, as escolas aínda poden inscribir ao seu alumnado para a de xullo entre o 30 de maio e o 10 de xuño, ambas datas incluídas. Para a de novembro-decembro, o período de matrícula é do 2 ao 15 de novembro (ambos incluídos).
No caso de patrón para a navegación básica, os exames realizaranse o 21 de marzo, o 4 de xullo e o 28 de novembro; as probas de patrón de embarcación de lecer serán o 22 de marzo, o 5 de xullo e o 29 de novembro; e as de patrón de iate realizaranse os días 23 de marzo, 6 de xullo e 30 de novembro. Todas estas probas terán lugar no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo e nas Escolas Oficiais Náutico-Pesqueiras de Ferrol e Ribeira. En relación ao título de capitán de iate, as probas celebraranse o 24 de marzo e o 1 de decembro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela.
Convocatoria de marzo de 2022
| Titulacións | Exame teórico | Centros de ensino onde se realizarán os exames teóricos |
| Patrón/Patroa para navegación básica | 21 de marzo | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoAvda. Beiramar, 55, 36202-Vigo. Teléf. 886 110 825 / 886 110 826Escola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolR/19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881 938 212 / 881 938 213Escola Oficial Náutico-Pesqueira de RibeiraR/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881 866 317 / 881 866 324 |
| Patrón/Patroa de embarcacións de lecer | 22 de marzo | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoEscola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolEscola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira |
| Patrón/Patroa de iate | 23 de marzo | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoEscola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolEscola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira |
| Capitán/capitá de iate | 24 de marzo | As persoas interesadas terán que dirixir as solicitudes o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.O exame realizarase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP)Rúa Madrid, 2-4, Fontiñas 15707 -Santiago de Compostela. |
Convocatoria de xullo de 2022
| Titulacións | Exame teórico | Centros de ensino onde se realizarán os exames teóricos |
| Patrón/Patroa para navegación básica | 4 de xullo | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoAvda. Beiramar, 55, 36202-Vigo. Teléf. 886 110 825 / 886 110 826Escola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolR/19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881 938 212 / 881 938 213Escola Oficial Náutico-Pesqueira de RibeiraR/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881 866 317 / 881 866 324 |
| Patrón/Patroa de embarcacións de lecer | 5 de xullo | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoEscola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolEscola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira |
| Patrón/Patroa de iate | 6 de xullo | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoEscola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolEscola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira |
Convocatoria de novembro-decembro de 2022
| Titulacións | Exame teórico | Centros de ensino onde se realizarán os exames teóricos |
| Patrón/Patroa para navegación básica | 28 de novembro | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoAvda. Beiramar, 55, 36202-Vigo. Teléf. 886 110 825 / 886 110 826Escola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolR/19 de Febreiro, 30-34, 15405-Ferrol. Teléf. 881 938 212 / 881 938 213Escola Oficial Náutico-Pesqueira de RibeiraR/ dos Estudantes, 7, 15960-Ribeira. Teléf. 881 866 317 / 881 866 324 |
| Patrón/Patroa de embarcacións de lecer | 29 de novembro | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoEscola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolEscola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira |
| Patrón/Patroa de iate | 30 de novembro | Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de VigoEscola Oficial Náutico-Pesqueira de FerrolEscola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira |
| Capitán/Capitá de iate | 1 de decembro | As persoas interesadas terán que dirixir as solicitudes ao Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.O exame realizarase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) Rúa Madrid, 2-4, Fontiñas 15707 -Santiago de Compostela. |







