A Pobra celebrou o Día da Muller cunha marcha feminista e actividades nos colexios

08 Marzo 2022

Con motivo do Día Internacional da Muller neste 8 de marzo, A Pobra do Caramiñal foi escenario dunha marcha feminista que deu comezo ás 20.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán para percorrer distintas rúas peonís ata chegar á Casa Consistorial, onde se procedeu coa lectura do manifesto por parte da concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra).

Así mesmo, fíxoselles a proposta aos centros da educación infantil e da primaria dunha actividade consistente na elaboración dun gorro de papel clásico con cartolina violeta para, posteriormente, formar arredor de cada centro de estudos unha cadea humana portando unha pancarta na cabeceira. Tamén se formulou unha actividade complementaria e reflexiva en que o alumnado escribise nun papel o que fai no ámbito persoal pola igualdade.

Todas estas accións enmárcanse na programación posta en marcha pola Concellaría da Igualdade para todo o mes de marzo baixo o lema Igualdade, conta comigo!

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.