ADISBISMUR festexa o 8M poñendo en valor ás mulleres da comarca

08 Marzo 2022

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR), entidade integrante da confederación galega COGAMI, organiza actividades de sensibilización e concienciación durante esta semana pola igualdade, co gallo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Unha das actividades consistirá na elaboración dun obradoiro sobre o 8M e a través do que quere “poñer en valor ás mulleres que deixan a súa pegada na historia tanto a nivel mundial como na particular galega”.

Outra das actividades programadas é a organización dunha andaina virtual. Baixo o lema de Pasos pola Igualdade, a asociación busca que todas as persoas que saian de andaina saquen unha foto e a suban ás súas redes sociais coa etiqueta ou cancelo #pasospolaigualdade. O obxectivo é “sensibilizar e concienciar na igualdade de xénero, na igualdade de oportunidades e no exercicio efectivo dos dereitos das mulleres”, engade a organización muradá.

Por último, a través da actividade A través dos teus ollos, as persoas usuarias do centro ocupacional que ten ADISBISMUR en Valadares farán entrevistas a mulleres dos concellos de Carnota, Muros, Outes e Mazaricos que se dedican ou que se dedicaron a profesións tan diversas como a gandería, industria conserveira, amas de casa, marisqueo… A finalidade, indican, “é poñer en valor ás mulleres da comarca, dándolle o recoñecemento necesario pola súa contribución aos dereitos das mulleres na sociedade actual”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.