O Mercado de Ribeira acolle unha mostra que reivindica as redeiras e as posibilidades do seu oficio

07 Marzo 2022

O Mercado Municipal de Ribeira inaugurou unha mostra artístico-reivindicativa con motivo do Día Internacional da Muller, este martes 8 de marzo. Trátase da exposición Enredadas, a través da cal exhíbese o traballo profesional e artístico desenvolvido polas redeiras artesás da nosa terra. Trátase dunha iniciativa que vai alén dos elementos que fundamentan o traballo tradicional deste colectivo, abrindo oportunidades empresariais e expresivas para o seu oficio (nos ámbitos da moda, a decoración e os complementos).

Ata o próximo 17 de marzo e dentro dos actos organizados polo Día Internacional da Muller, o primeiro andar do mercado acolle unha exposición na que, utilizando o soporte fotográfico, os visitantes poden contemplar o resultado do proxecto Enredadas: unha iniciativa promovida dende 2012 pola Xunta a través das Consellerías de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería do Mar co obxectivo de “diversificar o traballo das redeiras artesás galegas”.

A mostra foi visitada polo director xeral de Comercio e Consumo da Xunta, Manuel Heredia, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, que estiveron acompañados polo alcalde Manuel Ruiz, as concelleiras Ana Barreiro e María Sampedro.

Tamén estivo Elena Fabeiro, xerente da Fundación Artesanía de Galicia, que é a institución organizadora da exposición.

O alcalde lembrou que o Mercado Municipal de Ribeira albergara na primavera do 2016, aos poucos meses de abrir esta nova instalación, un workshop enmarcado neste proxecto e que estivo dirixido á produción de mobiliario por parte das redeiras participantes.

Enredadas pode ser visitada de luns a sábado, de 10 a 14 horas e de 18 a 21 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.