Sábado con nubes e claros

04 Marzo 2022

Durante as primeiras horas do sábado as baixas presións quedarán localizadas moi preto de Galicia e co avance da xornada iranse retirando cara ao sur. Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes na metade oeste onde non se descarta algunha precipitación illada. A partir do mediodía os ceos quedarán alternando nubes e claros. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas en zonas de interior, e as máximas continuarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo do sueste durante a mañá e a partir do mediodía irá entrando o nordés, con intensidade moderada, con intervalos fortes en Fisterra.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sueste á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 4 á mañá e á tarde e 4 a 6 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 3 a 3.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar05:414.0 m
Baixamar11:480.5 m
Preamar17:593.6 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:323.9 m
Baixamar11:410.5 m
Preamar17:523.6 m
Baixamar23:520.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar05:373.9 m
Baixamar11:450.5 m
Preamar17:553.6 m
Baixamar23:570.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.