Na Pobra inícianse as obras no polideportivo de Venecia

03 Marzo 2022

Unha vez rescindido o contrato coa empresa que resultara adxudicataria das obras do polideportivo de Venecia, nesta semana iníciase a primeira parte do proxecto tal e como avanzaron o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra). Esta primeira fase focalízase na propia estrutura da instalación deportiva. Substituirase a actual cuberta por unha nova en chapa de aceiro, e no interior renovarase o falso teito, polo que se efectuará a retirada dos paneis existentes e colocaranse outros novos con acabado en aluminio. Procederase tamén co reforzo e tratamento de estrutura da cuberta, polo que se instalarán unhas chapas perforadas para facilitar a ventilación e unha rede nova horizontal para protexe-los paneis.
Así mesmo, actuarase nas columnas exteriores para consolidalas, pintaranse estes pilares e as vigas exteriores e repararanse fendas das paredes.
O custo total ascende a 228.617’94 euros, IVE incluído, e o prazo de execución será de cinco meses. Ao tramitarse pola vía da emerxencia, xustificada polo risco que presentaba a estrutura, foi posible adxudicar
directamente as obras sen necesidade de sacar a licitación. Cando conclúa comezarase a tramitar a segunda fase, da que, se é necesario, terá que someterse ao proceso de licitación ao non atoparse ao abeiro da vía de emerxencia e que constará do acondicionamento das gradas e dotación de baños accesibles, entre outras cuestións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.