Catro obras integran a mostra de teatro afeccionado da Pobra

02 Marzo 2022

O mes de marzo contará na Pobra do Caramiñal cun ciclo focalizado no teatro afeccionado. Representaranse así sobre as táboas do teatro cine Elma un total de catro funcións. Todas elas serán os domingos, ás 19.00 horas.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), apuntou que o teatro constitúe “unha manifestación artística que ocupa un lugar moi importante na nosa sociedade e que fai que a veciñanza desfrute.” Tal e como indicou a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, as entradas son de balde e as reservas pódense efectuar na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.

O ciclo comeza no 6 de marzo con As do peixe, de Bailadela, Teatro das Maniotas do IES de Brión, que representa a historia de catro mulleres, ex traballadoras dunha desaparecida fábrica de conservas, que acoden a un taller de memoria, onde, ao tempo que reconstrúen parte da súa experiencia laboral, rememoran pasaxes da súa vida persoal e familiar, ademais de comentaren aspectos da actualidade e expresar as súas ilusións ou desconfianzas no que está por vir.

No día 13 será a quenda do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira con O rei Telesforo busca noiva. Trátase dunha comedia con moitos enredos e bastante retranca, coa intención de conseguir que o público esqueza os seus problemas diarios e desfrute do teatro, do humor e da sátira. Ambientada no medievo, goza dun vestiario de época e dunha escenografía que combina elementos tradicionais con novas técnicas de luz e son para unha posta en escena final que non deixará ninguén indiferente.

Continúan as sesións no día 20 da man da Escola de Teatro de Narón con Noite de Reis. Esta función traslada as persoas asistentes á costa do reino de Iliria, onde Viola e Sebastián, unha irmá e un irmán xemelgos, acaban por separado e crendo na morte un do outro tras un naufraxio. Viola farase pasar por un paxe de nome Cesario na corte do duque Orsino. A partir dese momento desencadearanse unha serie de sarillos argumentais, mentiras, identidades falsas e personaxes extravagantes que darán como resultado unha das comedias máis divertidas de William Shakespeare.

O Grupo de Teatro A Pombiña porá o broche final con Socorro, no día 27. Representará sobre as táboas como nunha poboación toca unha lotaría de 50 millóns de euros, pero a persoa agraciada co bote non era merecedora desa sorte, polo cal a fortuna non chegará ás súas mans.

O dito programa está organizado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.