“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

28 Febreiro 2022

Aproveitarse da boa fe das persoas que o están pasando mal e que non poden acudir a unha entidade financeira en busca de financiamento, pondo como garantía a vivenda habitual é algo inhumano. Pois si, hai moitos personaxes, considerados como “prestamistas profesionais”, que se dedican a desposuír das súas vivendas habituais (xa pagas, libres de cargas ou procedentes de herdanzas) a un número importante de familias humildes do noso país, mediante adxudicación ou poxa xudiciais por falta de pagamentos dos préstamos persoais concedidos, en condicións abusivas.

O peor de todo non é unicamente a mala praxe destes personaxes, senón que sexa co beneplácito dalgúns notarios públicos que se prestan a rexistrar escrituras que vulneran a legalidade vixente. Sen esquecernos tampouco de que algúns tribunais de xustiza, principalmente algúns de primeira instancia, aínda lles dan a razón a estes “prestamistas usureiros”, a pesar do risco de que os prestatarios poidan perder as súas vivendas habituais.

Isto de gañarse o pan coa suor da túa fronte xa non está moi de moda, si en cambio coa suor do de en fronte. Para algúns, cada vez máis, o importante é estafar, especular e ser delincuente de luva branca sen importar, en absoluto, as consecuencias nin o dano que se lles ocasiona ás persoas e familias humildes.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.