“Un potencial que non nos valoran axeitadamente”. Antón Luaces

27 Febreiro 2022

Que cada Comunidade Autónoma española ten as súas características peculiares que explican os potenciais que a sosteñen, é algo máis que evidente. Tamén o é, obviamente, no caso de Galicia, que se distingue no capítulo marítimo pesqueiro non só no eido nacional, senon que tamén o fai no comunitario e o europeo -tanto polo número de embarcacións, a potencia destas, o número de tripulantes e, como é ben sabido, polas capturas de peixe e marisco que realizan os barcos galegos- e no internacional grazas as capturas que acadan os barcos de altura e gran altura e, de paso, á miticultura (produción de mexillón). A gandería, a agricultura, a industria téxtil, etc., aportan a Galicia outros moi importantes dividendos (no caso da industria téxtil, os máis valorados por rendemento económico e social).

As grandes cifras de todo este enxaretado socioeconómico barállanse a cotío, mais no que atinxe ao sector marítimo-pesqueiro se ben os galegos somos conscientes ou valoramos todo o que temos neste eido, ás veces esquecen e mesmo esquecemos como este importante segmento da produción se organiza -ou se organizou- para ter presencia na grella nacional e internacional na que uns e outros colocan os seus proxectos e as súas realidades tanxibles. 

Nesto senso compre salientar que das 16 grandes organizacións pesqueiras existentes en España, 8 teñen a súa base en Galicia. Máis concretamente, na provincia de Pontevedra xa que están radicadas en Vigo e Marín. Son, por orde alfabética, ACEMIX (sociedades comunitarias mixtas de pesca), con sede en Vigo; AGARBA (armadores de buques bacalloeiros), en Vigo; ANAMER (armadores de conxeladores de pesca de pescada), en Vigo; ANAPA (de buques palangreiros de altura), en Vigo; ANASCO (de sociedades conxuntas internacionais), en Vigo; ANAVAR (de buques conxeladores de pesqueiras varias), en Vigo; ARVI (asociación que agrupa aos armadores do porto de Vigo), tamén en Vigo, e a Asociación de Armadores de Buques de Pesca de Marín, con sede nesta cidade pontevedresa. Ás devanditas organizacións pesqueiras poderiamos sumar a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, que aglutina aos barcos de baixura de Galicia e que son unha importante porcentaxe do total de confrarías de pescadores que acubilla a Federación Nacional presidida polo actual patrón maior de Burela e presidente da Federación provincial de Confrarías de Lugo. E, postos a sumar, non podemos esquecer a significación en Galicia da asociación ACERGA de barcos cerqueiros galegos, as cooperativas de armadores de Ribeira, Burela e Celeiro e, a máis, as distintas OPP (Organización de Produtores de Pesca) tamén aquí, en Galicia, creadas.

Se consideramos que cando alguén espirra na China, en Galicia xa temos a gripe enriba, que podemos dicir no que esta Comunidade Autónoma aporta ao sector pesqueiro español e o pouco que, sen embargo, se lle recoñece á hora de planificar repartos, adxudicar cotas de pesca, levar a Bruxelas aportacións de seu para mellorar a resposta que a Unión Europea da a unha realidade case que palpable que é a que Galicia, como parte integrante de España, estado membro dese “club”, recibe pola vía comunitaria e, nomeadamente, pola do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación?. 

Un dato que evidencia esa pouca consideración: a industria pesqueira española perdeu 122 barcos (moitos deles galegos) no período comprendido entre os anos 2008 e 2020, cun decaemento de 20 deses barcos entre os anos 2019 e 2020.Representamos os galegos o que os demáis poden tirar da realidade organizativa que aporta Galicia ao conxunto nacional e internacional?. Coido que non. E non é porque non se precise, abofé.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.