O Concello de Boiro habilita o pago con TVP para aboar as taxas de actividades deportivas e outros tributos

24 Febreiro 2022


O Concello de Boiro conta cun servizo de pago a través de TVP para facilitar e axilizar os pagos que se realizan ao Concello tanto de taxas de actividades deportivas e culturais como de outros tributos. O departamento de Deportes vén de comezar a empregar tamén este servizo para o cobro de inscricións en campamentos e actividades deportivas.

O departamento de recadación e tamén a Policía Local veñen empregando este servizo de cobro con TVP para multas e tributos e “axilizar así os trámites e evitar que as persoas interesadas teñan que acudir ao banco coa carta de pago que se emite e volver ao Consistorio para facilitar o xustificante de pago”, informou o Concello.

O departamento de Cultura emprega tamén este sistema de cobro para o cobro de prezos públicos de actividades e campamentos infantís, así como para as entradas das representacións teatrais. O departamento de deportes foi o último en acoller este servizo para formalizar os pagos de inscricións en campamentos e actividades das Escolas Deportivas Municipais.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.