Os socialistas de Noia instan a incrementar a limpeza nos espazos naturais do concello e sensibilizar sobre o seu coidado

23 Febreiro 2022

O Grupo Municipal Socialista de Noia rexistrou para o seu debate en pleno unha moción dirixida a incrementar a limpeza nas contornas naturais e favorecer a sensibilización social no que respecta ao seu coidado. Os socialistas fan saber que no concello de Noia, pola súa situación xeográfica, pódense desfrutar de diversos espazos de gran importancia medioambiental e paisaxística, como por exemplo as praias e os bancos marisqueiros, o esteiro do Tambre, os montes de San Lois e Iroite, as ribeiras do Tállara e o Traba. “Estes lugares son moi concorridos e débese reforzar a limpeza dos mesmos”, sinala a agrupación, que informe de que nestes lugares estase amoreando lixo de todo tipo, por exemplo no paseo de Testal ou no miradoiro do monte San Lois, refugallos entre os que se atopan plásticos, máscaras, recipientes e outros, todos eles prexudiciais para a natureza.

Dende o PSOE de Noia consideran que “se deben realizar campañas de concienciación na defensa do medio ambiente, e habilitar lugares para que os visitantes poidan depositar os lixos”.

O voceiro Roberto Iglesias solicitará ao Goberno municipal que “identifique os lugares máis sensíbeis e concorridos, para que sexan instaladas papeleiras ou contedores sen deslucir e sen prexudicar a contorna natural, aproveitando os mesmos para incidir na necesidade de coidar a natureza e explicando a flora e fauna presente na contorna”.

Os socialistas tamén inclúen na moción que se renoven os cartaces existentes nas ribeiras do río Tállara, que “están moi deteriorados”, advirten.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.