A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a catro anos e medio de cárcere a un acusado de golpear nunha perna ao seu veciño cunha barra de ferro. Os feitos sucederon en Noia en 2018. O tribunal considera acreditado que ambos discutiron e que a agresión se produciu ao terminar a disputa. Ademais da pena de prisión, o tribunal impúxolle o abono dunha indemnización de 24.932 euros á vítima polas lesións e secuelas que sofre.
O arcebispo de Santiago fai públicos novos nomeamentos diocesanos no arciprestado de Postmarcos, entre eles a UPA de Ribeira, A Pobra, Palmeira, UPA Noia e Lousame
O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, fixo públicos novos nomeamentos eclesiásticos con data do 29 de setembro de 2026. As designacións concéntranse no arciprestado de Postmarcos e afectan a diversas unidades pastorais e...



