Dodro conmemora o Día de Rosalía con diversas actividades no Concello e no Pazo de Lestrobe

16 Febreiro 2022

O próximo 23 de febreiro celébrase unha data de gran relevancia para a nosa cultura e a nosa historia: o Día de Rosalía. Os nosos concellos prepararon diversas axendas para celebrar a festividade, como por exemplo o de Dodro, un dos máis activos neste senso. Segundo comunicou a área local de Cultura, a axenda abrangue diversos actos a desenvolver na Casa do Concello (ás 17.00 horas) e no Pazo de Lestrobe (ás 18.00 horas).

Inclúese (na contorna do Consistorio) a plantación dunha figueira na honra da inmortal escritora ou a presentación da mostra Rosalía: obra poética e manuscritos, a cargo do presidente da Fundación Rosalía de Castro, o escritor veciño de Dodro Anxo Angueira. Máis tarde representarase o espectáculo A viaxe de Rosalía de Larraiz Urruzola Producións Artísticas (Rede Cultural da Deputación da Coruña) e levarase a cabo unha degustación do Caldo de Gloria (cortesía do Hotel Pazo de Lestrobe). Amais, durante todo o día servirase o Caldo de Gloria e o Café con Verso nos establecementos hostaleiros colaboradores da celebración (durante todo o día).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...